O Repsol Eco Rallye A Coruña pecha a súa primeira etapa con 310 quilómetros percorridos

O Repsol Eco Rallye A Coruña pecha a súa primeira etapa con 310 quilómetros percorridos

Setembro 19, 2025 Off By Ecorallye

O 9º Repsol Eco Rallye A Coruña pechou hoxe a súa primeira etapa coa chegada de máis de 50 vehículos participantes ao parque pechado de María Pita.

Tras partir da praza do Obradoiro, a caravana realizou unha parada intermedia no recinto feiral de Curtis antes de chegar á cidade herculina, completando así unha xornada de 310 quilómetros de percorrido.

Mañá disputarase a última xornada da competición. A saída desde María Pita está prevista para as 10:00 horas, e ás 12:20 programouse un reagrupamento nas Pontes antes do regreso á capital provincial. Como principal novidade, o Repsol Eco Rallye A Coruña adentrarase por primeira vez na provincia de Lugo, xa que un dos tramos discorrerá polo municipio de Xermade.