Abertas as inscricións para o 10º Repsol Eco Rallye A Coruña
Xullo 16, 2026Desde mañá, venres 17 de xullo, están abertas as inscricións para o 10º Repsol Eco Rallye A Coruña, que celebrará a súa próxima edición do 17 ao 20 de setembro de 2026.
O peche de inscricións terá lugar o día 4 de setembro no caso da FIA Eco Rally Cup e o 7 do mesmo mes para o Campionato de España de Enerxías Alternativas. O boletín de inscricións pode descargarse no taboleiro de anuncios dixital da proba, publicado na web www.ecorallyeacoruna.com. Neste espazo, os participantes poden acceder a toda a información sobre a proba e o campionato. Ademais, tamén se estableceu a comunicación coa aplicación ‘Sportity’, onde,para recibir as comunicacións, débese ingresar o contrasinal REPSOLERAC2026.
Esta é a terceira edición consecutiva na que o Repsol Eco Rallye A Coruña é puntuable para a FIA Eco Rally Cup, na que só figuran competicións do máximo nivel mundial.
10º Repsol Eco Rallye A Coruña
No seu décimo aniversario, a proba coruñesa é xa unha das citas máis destacadas do calendario automobilístico internacional en materia de mobilidade sostible. Proximamente iranse anunciando máis detalles sobre a competición, que o ano pasado percorreu 574 quilómetros —sendo o máis extenso ata a data—, atravesando 38 concellos da provincia da Coruña. Ademais, foi a primeira vez na que o Repsol Eco Rallye A Coruña rompía as barreiras provinciais e se adentraba na provincia de Lugo, concretamente no concello de Xermade.


