Todo listo para o arranque do Eco Rallye A Coruña, que visitará 16 concellos da provincia

Todo listo para o arranque do Eco Rallye A Coruña, que visitará 16 concellos da provincia

Setembro 12, 2023 Off By EcoRallye
  • O deputado de Deportes da Deputación dá Coruña, Antonio Leira, destacou “o carácter sostible da proba, apostando por un tipo de carreiras que teñan en consideración o medio ambiente”
  • O director de carreira, Alberto González Olañeta, agradeceu a colaboración a entidades públicas e privadas por facer posible a celebración deste evento

A sétima edición do Eco Rallye A Coruña foi presentada esta mañá no Hotel Eurostars Atlántico da Coruña.

No acto participaron o deputado de Deportes da Deputación dá Coruña, Antonio Leira, o presidente da Real Federación Española de Automobilismo, Manuel Aviñó, o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Antonio Rodríguez Troitiño, o delegado provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Roberto García, o concelleiro de Cultura da Coruña, Gonzalo Castro representantes dos municipios polos que transcorre a proba, patrocinadores e o director de carreira, Alberto González Olañeta.

Pola súa banda, o deputado de Deportes, Antonio Leira, destacou “o carácter sostible da proba, apostando por un tipo de carreiras que teñan en consideración o medio ambiente”. Falou do “potencial turístico da provincia da Coruña, que grazas a este tipo de eventos, permite facer un percorrido por diferentes municipios da zona, dando a coñecer diferentes lugares cun incrible valor paisaxístico e patrimonial”.

O delegado provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Roberto García, sinalou “o apoio que desde a Xunta ofrecémoslle a este tipo de eventos, con case 350.000 euros destinados ao longo deste ano, e case 3 millóns de euros desde o ano 2009”. Para el “este tipo de probas son tamén un referente social porque transmiten os valores do deporte a través do motor”.

O director de carreira, Alberto González Olañeta, quixo “darlle as grazas a todos os patrocinadores e as entidades implicadas na celebración da proba, cunha especial mención aos concesionarios, que tamén nos ceden coches para participar na cita”.

Olañeta destacou “o total control que ofrecemos desde dirección de carreira, permitindo que os coches estean en todo momento controlados por GPS e desa forma non se desvíen do trazado”.

 

Por último, quixo agradecerlle tamén “o seu apoio a Wallbox, patrocinador do evento, que nos facilita 30 puntos de recarga para que os coches poidan competir da mellor maneira”.

O presidente da Federación Galega de Automobilismo, Álvarez Troitiño, indicou que “aínda que esta proba non estea baixo nosa tutela, seguiremos apoiando este tipo de eventos, que fomentan a afección polo automobilismo na nosa comunidade”.

Finalizou a presentación coa intervención do presidente da Federación Española de Automobilismo, Miguel Aviñó, que destacou “a nova colaboración de RACE, que contribúe en gran medida á consolidación deste evento no panorama automobilístico”.

Aviñó quixo subliñar “as dificultades presentes á hora de organizar este tipo de eventos, que requiren dunha loxística complexa, por iso é de agradecer o enorme traballo que hai detrás, a través de voluntarios, empresas e entidades, que fan todo isto posible”.

Por último, avanzou que “o Eco Rallye A Coruña debutará na inspección por parte da consultora NTT para medir a pegada de carbono que deixan as nosas competicións, certificándoo con créditos para poder determinar futuras accións que dirixidas a protexer o medio ambiente.

A proba contará transcorrerá por 16 concellos da provincia e conta cunha etapa de 8 tramos especiais

A competición, que arrinca este venres, desenvolverase ao longo da fin de semana, visitando 16 concellos da provincia. Conta cunha etapa con 8 tramos especiais, chegando a 300 quilómetros, dos que 200 son de regularidade non cronometrada.

Os Concellos polos que pasa son Arteixo, Aranga, Abegondo, Cambre, Carballo, Carral, Cerceda, Coirós, Culleredo, Curtis, Laracha, Oleiros, OzaCesuras, Sobrado, Vilasantar e A Coruña.

Dous dos alcaldes dos municipios polos que transcorre a proba participarán no Eco Rallye, que serán Juan Manuel Rodríguez, de Cerceda e José Ramón Riobóo, de Culleredo. Tamén participará o concelleiro de Fomento da Coruña, Gonzalo Castro.