O expiloto de F1 Stefano Modena súmase ao 10º Repsol EcoRallye A Coruña

O expiloto de F1 Stefano Modena súmase ao 10º Repsol EcoRallye A Coruña

Agosto 25, 2026 Off By Ecorallye

– A participación do histórico piloto italiano consolida o atractivo internacional da proba no ano do seu décimo aniversario.

– O interese de figuras provenientes do automobilismo de velocidade tradicional evidencia a madurez, esixencia técnica e capacidade de atracción das probas de enerxías alternativas.

– A competición disputarase do 17 ao 20 de setembro sendo puntuable por terceiro ano consecutivo para a FIA Eco Rally Cup.

A Coruña, 25 de agosto de 2026. O 10º Repsol EcoRallye A Coruña segue sumando hi-tose nunha edición especialmente sinalada polo seu décimo aniversario. A competición de automobilismo sostible contará este ano coa salientable participación do expiloto ita-liano de Fórmula 1 Stefano Modena, quen se poñerá ao volante dun vehículo alternativo para medirse nos esixentes tramos de regularidade e eficiencia enerxética da proba galega, programada do 17 ao 20 de setembro.

A presenza dun nome da talla de Modena —cun salientable historial na má-xima categoría do automobilismo con equipos como Brabham, Tyrrell ou Jordan, alén das súas vitorias no DTM— supón un respaldo de enorme calado para o evento coru-ñés, consolidado como unha cita de referencia dentro do calendario da FIA Eco Rally Cup e do Campionato de España de Enerxías Alternativas (CEEA).

O desembarco de referentes do automobilismo tradicional nos eco rallyes pon de ma-nifiesto a crecente atracción e sofisticación técnica que alcanzaron estas disciplinas de enerxías limpas. Lonxe de ser un mero escaparate conceptual, competicións como o 10º Repsol EcoRallye A Coruña esixen aos pilotos un elevado nivel de precisión, estra-tegia e adaptación, onde a xestión rigorosa do consumo enerxético substitúe á bús-queda da velocidade pura.

Que lendas dos circuítos internacionais dirixan a súa atención cara a este tipo de prue-bas contribúe de forma decisiva a derrubar prexuízos, achegando a mensaxe da eficien-cia enerxética, a neutralidade de carbono e a innovación técnica a afeccionados apaixona-dous do motor de todas as xeracións.

10 anos de compromiso e máxima esixencia internacional

No seu décimo aniversario, o 10º Repsol EcoRallye A Coruña revalida por terceiro ano con-secutivo a súa condición de proba puntuable para a FIA Eco Rally Cup, un certame inter-nacional reservado exclusivamente ás competicións do máximo nivel mundial en mo-vilidad eficiente. Ao longo do seu percorrido pola comunidade galega entre as provincias da Coruña e Lugo, a caravana de vehículos alternativos poñerá a proba a pericia das primeiras espadas da especialidade.