
O cartel do 8ª Eco Rallye A Coruña rende homenaxe á cidade herculina no seu debut como proba mundialista
Setembro 6, 2024– As galerías da Mariña e un mapa da provincia centran a atención, xunto a un Reanult 5 E Tech 100% Eléctrico, do cartel da 8ª edición da proba, a cal pasará por 31 municipios da provincia, máis do dobre que o ano anterior.
– Unha réplica da fachada do concello da Coruña será o premio que alcen os pilotos vencedores nas distintas categorías do ecorallye.
O 8º Eco Rallye A Coruña presentou hoxe o cartel da oitava edición da proba que debuta este ano como carreira puntuable para o Campionato do Mundo Bridgestone FIA Eco Rally Cup.
A organización presentou esta mañá o deseño co que se fan numerosas referencias á cidade da Coruña, punto de partida da proba, tal e como se pode apreciar nas galerías da Mariña, un dos emblemas da urbe herculina que figura nos laterais do cartel. Ademais, no fondo pode distinguirse o mapa da provincia con indicadores tanto na capital provincial como en Santiago, Carballo e Betanzos, puntos de reagrupamiento nesta edición.
O vehículo seleccionado nesta ocasión é o Renault 5 E – Tech 100% eléctrico, un automóbil que traslada ao ámbito das enerxías renovables un modelo mítico cuxo deseño evoca ao Renault 5, un dos coches máis recoñecibles da firma francesa.
Deste xeito, o Ecorallye ultima os preparativos para a disputa da competición os días 20, 21 e 22 de setembro con distintos tramos que transcorrerán este ano por 31 municipios, unha terceira parte dos que integran a provincia da Coruña.
Alberto González Olañeta, integrante da organización, indicou que con este cartel “buscamos ter presente tanto á cidade da Coruña como ao resto de puntos da provincia, aproveitando que esta edición os vehículos circularán por unha terceira parte das localidades que a integran”.
A fachada do consistorio coruñés será o premio do 8º Ecorrallye A Coruña
Non soamente o cartel renderá tributo á cidade da Coruña xa que os pilotos vencedores recibirán unha figura da fachada do concello herculino, un dos emblemas da urbe situado na praza de María Pita, o punto de arranque da competición.
O seu deseño corre a cargo de José Caamaño, responsable de presentar a insignia xunto ao presidente da Escuadra A Coruña, Alberto González Naveira.
- Premio del 8º Ecorallye A Coruña
- Cartel del 8º Ecorallye A Coruña