O 10º Repsol EcoRallye A Coruña ultima os detalles para o inicio da proba, que comezará nun mes
Agosto 17, 2026A organización do 10º Repsol EcoRallye A Coruña está ultimando todos os detalles para poñer en marcha unha edición especial: a do décimo aniversario.
Nesta edición tan sinalada, na que se cumpren dez anos de compromiso co automobilismo e as enerxías alternativas, a proba consolídase como unha das citas de referencia dentro do panorama do automobilismo sostible mundial, contando coas primeiras espadas internacionais da categoría. A cita coruñesa revalida ademais a súa presenza na prestixiosa FIA Eco Rally Cup por terceiro ano consecutivo, un certame reservado unicamente ás probas do máximo nivel mundial de mobilidade eficiente.
No que respecta ao Campionato de España de Enerxías Alternativas (CEEA), os equipos interesados en disputar a proba xa poden formalizar a súa solicitude de participación. O prazo de inscrición para a categoría nacional permanecerá aberto ata o próximo 11 de setembro —uns días despois do peche fixado para a copa internacional FIA, programado para o 4 de setembro—.
O boletín oficial de inscrición está dispoñible para a súa descarga no taboleiro de anuncios dixital aloxado na web oficial do evento (www.ecorallyeacoruna.com). Toda a información técnica, os regulamentos e os avisos oficiais da carreira tamén se xestionarán en tempo real a través da aplicación móbil Sportity, utilizando a clave de acceso REPSOLERAC2026.


