Máis de 40 participantes rexistrados na FIA EcoRallye Cup do 10º Repsol EcoRallye A Coruña

Máis de 40 participantes rexistrados na FIA EcoRallye Cup do 10º Repsol EcoRallye A Coruña

Setembro 7, 2026 Off By Ecorallye

– As inscricións para participar no Campionato de España de Enerxías Alternativas continúa aberta ata este venres, 11 de setembro.
– Os líderes do campionato estarán todos presentes na décima edición da proba coruñesa.

A Coruña, 7 de setembro de 2026. O pasado venres, 4 de setembro, pechouse o periodo de inscrición para a FIA EcoRallye Cup do 10º Repsol EcoRallye A Coruña, unha competición que reunirá a máis de 40 participantes no asfalto coruñés e lucense.

Entre os principais rexistrados destaca a presenza de tres campións do mundo da máxima categoría, a de 100% eléctricos, como son Eneko Conde, Guido Guerrini e Michal Žďárský. Ademais, os principais binomios do panorama actual tamén serán parte do 10º Repsol EcoRallye A Coruña, pois os tres líderes do campionato tomarán a saída en María Pita: Žďárský chega como líder, seguido do español José Manuel Pérez Aicart e de Guerrini.

Con todo, o proceso de inscrición á proba non terminou, pois segue sendo posible participar no Campionato de España de Enerxías Alternativas. O prazo aínda permanecerá aberto ata este venres, 11 de setembro.

O próximo 17 de setembro, as estradas galegas acollerán así unha contenda histórica onde a precisión, a innovación tecnolóxica e a sustentabilidade irán da man para co-ronar ao mellor equipo no décimo aniversario da proba, que será por terceira vez cita mundialista.