A figura de María Pita e a esencia coruñesa, grandes protagonistas do cartel do 10º Repsol EcoRallye A Coruña
Setembro 1, 2026– O cartel da proba, puntuable para a Bridgestone FIA Eco Rally Cup, combina o patrimonio histórico e icónico da cidade coa innovación en mobilidade eléctrica.
– A emblemática décima edición da proba, que volverá contado con Repsol como patrocinador principal, celebrarase entre o 17 e o 20 de setembro de 2026.
A Coruña, 1 de setembro de 2026. A organización do 10º Repsol EcoRallye A Coruña desvelou o cartel oficial para a súa décima edición, unha cita moi especial na que a proba consolida a súa proxección internacional ao ser novamente puntuable para o certa-men mundial FIA Eco Rally Cup, alén dos principais campionatos de mobilidade sostible.
O deseño do cartel rende tributo ao carácter e historia da cidade herculina situando nun plano destacado a estatua de María Pita, gardiá e símbolo universal da Coruña. A súa silueta fusiónase harmonicamente coa liña do horizonte urbano, onde se aprecian outros elementos e infraestruturas emblemáticas da urbe como o Palacio Municipal de María Pita, o Obelisco, o Palacio da Ópera ou o estadio de Riazor, integrada de forma na propia gráfica do evento, xunto a referencias ao horizonte do Xacobeo 2027.
No plano inferior do lenzo emerxe con forza un vehículo de Omoda Jaecoo Resnova Motor, un modelo 100% eléctrico cuxa imaxe encarna os valores fundamentais da competición: eficiencia, sustentabilidade medioambiental, innovación técnica e altas prestacións na estrada.
Unha vez máis, Repsol renova o seu compromiso como patrocinador principal do evento, reafirmando a súa aposta pola descarbonización do transporte a través de todas as solucións enerxéticas A compañía conta xa con cercado 5.000 puntos de recarga públicos operativos en España, consolidando unha das redes de recarga máis relevantes do país.
Unha edición redonda coa sustentabilidade por bandeira
O 10º Repsol Eco Rallye A Coruña disputarase do 17 ao 20 de setembro de 2026, ao-canzando un fito de dez edicións promovendo a condución eficiente e a transición enerxética no automobilismo. A proba volverá reunir aos principais equipos do panorama nacional e internacional nun esixente trazado de 587 quilómetros.


